o_bidueiro

o patio, marga crespo-eduardo estévez

este libro é o froito do encontro de dúas maneiras moi diferentes de mirar o mundo que se encontraron por casualidade e comezaron a construír sen ter moi claro onde ir (como sucede case sempre).

Marga Crespo é unha artista galega-arxentina. Naceu en Chacabuco, provincia de Buenos Aires, en 1960. Vive e traballa en Compostela desde hai moitísimo tempo. Pódese ver información sobre o seu traballo e moita documentación de pezas nesta web.

Eduardo Estévez tamén naceu en Argentina, na cidade de Buenos Aires, en 1969. Cando chegou á Galiza en 1995 Marga xa estaba alí. Actualmente reside en Outes.

Os patios son un elemento central na arquitectura das casas tradicionais en Buenos Aires. Nas cidades da Pampa tamén, pero son diferentes. E, ao dicir de Paco Souto, na casa galega son un elemento case sorprendente. En todo caso, son sempre espazos de encontro e tránsito e pausa e, por iso mesmo, gardan memoria da xente que por eles pasa.

Este libro é unha reflexión sobre os lugares que habitamos, as pegadas que deixamos neles e a memoria como lugar que sana.

Fai clic aquí se queres botarlle un ollo ao libro

colección de viro

fotografía das obras: Eutropio rodríguez

ISBN: 978-84-12-72953-5

58 páx.

PVP: 15 €