o_bidueiro

Polos fíos da memoria, Matilde Castro

iniciamos a colección con este pequeno libro de poemas que revisitan a paisaxe da guerra civil desde o relato dunha nai peneirado pola ollada dunha filla pequena, nunha linguaxe poética diáfana e agudamente contemporánea.

Matilde Castro é unha poeta de Fene. A súa chegada (con outra xente) á directiva do CMI-Unidade propiciou a transformación do Premio Pérez Parallé no certame de referencia para autores e autoras inéditas.

Participou activamente no obradoiro de escrita que tivo lugar na Biblioteca Municipal ao longo de toda a primeira década do século. Como resultado do traballo nas sesións (e na casa, ela sempre traballou moito na casa) construíu un fermoso libro de haikus (Pequenas paisaxes, publicado en 2009 por Libros da Frouma) e logo despois teceu este Polos fíos da memoria que, unha vez rematado, decidiu poñer a agardar até agora.

fai clic aquí se queres botarlle un ollo ao libro

colección folla de bido

1ª edición (non venal), 2022

ISBN: 978-84-09-16002-0

2ª edición, 2026

ISBN: 978-84-12-72954-2

36 páx.

PVP: 10 €